23 de febreiro. Día de Rosalía de Castro

Con motivo do día de Rosalía de Castro no CPI de Mende organizouse concurso de camisetas. O deseño debía incluir unha caricatura de Rosalía de Castro, o lema "Eu tamén son Rosalía" e, a maiores, podíase customizar ao gusto de cada un/unha.
Ao acto non podía faltar a protagonista. A mesmiña Rosalía estivo do máis animada, presentando a celebración e mesmo botando uns bailes.

As familias implicáronse moito e, como podedes ver, quedaron deseños moi orixinais e divertidos.
Logo de desfilar diante do xurado e de recibiren tod@s un agasallo pola participación, anunciaron aos gañadores das diferentes categorías. A nosa clase de 2º puido optar a un dos premios ao resultar gañador Anxo.
Cheo de ledicia deulle as grazas ao xurado polo premio.
En realidade foi un premio compartido e así o celebraron todos cando Anxo voltou cos agasallos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades de seguridade viaria