30 de xaneiro. Día Escolar da non Violencia e da Paz
Obtener enlace
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Otras aplicaciones
O 27 de xaneiro, con motivo do Día Escolar da non Violencia e da Paz que se celebraba o día 30, quixemos deixar as nosas pegadas con mensaxes en favor da Paz Mundial por todo o cole.
O 25 de marzo, seguindo coa celebración do día da árbore, fixemos unha saída a pé a un espazo natural cercano ao centro: a ruta do Río Loña. Durante a saída repasamos contidos traballados na aula como o ciclo da auga, elementos da paisaxe como o río Loña, a intervención humana no medio natural con constucións como unha ponte sobre o río, ou seguridade vial. A maiores e coa axudada tablet, estivemos a coñecer o nome e as características de diferentes árbores e arbustos que nos ibamos atopando. Aproveitamos tamén a merendar ao aire libre.
Con motivo do día do libro, que se conmemora o 22 de abril, fixemos un mural no que cada alumno/a de infantil e primaria recomenda o seu conto preferido. Así de bonito quedou o mural á entrada do centro. Estas son as recomendacións que nós facemos para animar á lectura.
O 7 de abril visitounos n, a auxiliar de conversa do ano pasado. Aproveitando a súa estancia dunha semana en Ourense pasou a facernos unha visita. Moitas grazas por acordarte de nós e vir a vernos!
Comentarios
Publicar un comentario