Entre todo o alumnado do centro creamos un gran lazo de solidaridade con motivo do día Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se conmemora o 25 de novembro.
O pasado venres día 22 de abril tivemos dúas actividades sobre Seguridade Viaria. Ao longo de toda a semana estivemos traballando actividades relacionadas cos comportamentos cívicos e seguros como peatóns, viaxeiros e conductores; sinais de tráfico e elementos de seguridade. Como actividades finais tivemos: - O contacontos de "A galiña Galiñeta" que nos prepararon as mestras Glenda e Salomé. - A visita de Chase (Patrulla canina), que veu ao centro en compañía dos monitores de Yuka para explicarnos normas sobre Seguridade Viaria e estivo connosco durante as actividades. - Un circuíto de Karts a pedais. - Dinámica con paracaídas coa que nos ensinaron a importancia de levar ben colocados os elementos de seguridade como o cinto. - Ao remate da actividade, os monitores de Yuka, entregáronlles os respectivos c...
O 25 de marzo, seguindo coa celebración do día da árbore, fixemos unha saída a pé a un espazo natural cercano ao centro: a ruta do Río Loña. Durante a saída repasamos contidos traballados na aula como o ciclo da auga, elementos da paisaxe como o río Loña, a intervención humana no medio natural con constucións como unha ponte sobre o río, ou seguridade vial. A maiores e coa axudada tablet, estivemos a coñecer o nome e as características de diferentes árbores e arbustos que nos ibamos atopando. Aproveitamos tamén a merendar ao aire libre.
Con motivo do día do libro, que se conmemora o 22 de abril, fixemos un mural no que cada alumno/a de infantil e primaria recomenda o seu conto preferido. Así de bonito quedou o mural á entrada do centro. Estas son as recomendacións que nós facemos para animar á lectura.
Comentarios
Publicar un comentario