Limpamos o horto e facemos unha trampa para caracois

O 1 de abril, aproveitando o bo tempo, estivemos limpando a nosa zona do horto que estaba ateigada de herbas.
Xa comezan a sair algúns amorodos e, para evitar que nolos coman os caracois, colocámoslles unha trampa. Suficiente con enterrar un recipiente reciclado, enchelo de cervexa e tapalo cunha tella para que estes pequenos moluscos poidan acceder e queden atrapados.
Por último, baleiramos tódalas herbas que quitamos do horto no composteiro.
Á volta das vacacións volveremos ao horto e ver como segue a nosa colleita e prepararémolo un pouquiño máis.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividades de seguridade viaria